O teu Hotel - Restaurante

Logo de Hotel Restaurante Lotus

en Caldas de Reis

Benvido ao Hotel Lotus

Inaugurado en 1983, ao longo da nosa longa traxectoria, a nosa oferta de servizos e instalacións fóronse adaptando e mellorando para ofrecer aos nosos clientes as mellores instalacións e o mellor servizo.

O complexo compóñeno o Hotel, restaurante, cafetería e discoteca. Situados no centro da localidade de Caldas de Reis, a súa situación estratéxica permite en menos de 1 hora poder situarnos en zona costeira da Rías Baixas, Santiago de Compostela, Vigo. Caldas de Reis, localidade tranquila, idónea para o descanso e o paseo, recibe os seus visitantes acolléndoos como un caldense máis. As súas zonas verdes, culturais e turísticas, fan que a súa estanza sexa o máis proveitosa posible.

Contamos con garaxe privado para os nosos clientes e animámoslles a probar as nosas especialidades na tradicional comida galega, así como as nosas especialidades culinarias. Conscientes de ofrecer o mellor servizo, coidamos especialmente a nosa carta de restaurante.

Onde estamos?

Eventos Os teus eventos privados

E se o que desexa é celebrar un evento privado, como a súa voda, convención ou banquete, o noso amplo salón é a mellor elección para vostede, gozando da nosa ampla zona verde de paseo privada nas nosas instalacións, para así facer máis pracenteiro o día.

Reservar

Descubre Caldas de Reis

Caldas de Reis sitúase ao norte da provincia de Pontevedra, abríndose á dinámica ría de Arousa, nunha encrucillada de camiños cuxo primordial expoñente é a Autoestrada A- 9, principal eixe de comunicacións norte- sur de Galicia- Portugal.

Caldas encóntrase entre as cidades de Pontevedra e Santiago, a 10 kms do mar, sendo unha porta de entrada ao val do Salnés e ás Rías Baixas.

A súa situación xeográfica e as súas excelentes comunicacións convértena nunha localización estratéxica para o desenvolvemento de actividades industriais, turísticas, comerciais e residenciais.

É, á súa vez, capital da Bisbarra de Caldas, que agrupa aos municipios de Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga, cunha poboación total de 35.514 habitantes.

En definitiva, un pobo con encanto, onde pola súa situación e servizos poderá pasar uns días de descando.

Web oficial Caldas de Reis

Reservas

Facer reserva