Hotel - Restaurante Lotus - Caldas de Reis

O teu Hotel - Restaurante en Caldas de Reis

Vaya al Contenido

Menu Principal:

Benvido ao Hotel Lotus

 

Inaugurado en 1983, ao longo da nosa longa traxectoria, a nosa oferta de servizos e instalacións fóronse adaptando e mellorando para ofrecer aos nosos clientes as mellores instalacións e o mellor servizo.

O complexo compóñeno o Hotel, restaurante, cafetería e discoteca. Situados no centro da localidade de Caldas de Reis, a súa situación estratéxica permite en menos de 1 hora poder situarnos en zona costeira da Rías Baixas, Santiago de Compostela, Vigo. Caldas de Reis, localidade tranquila, idónea para o descanso e o paseo, recibe os seus visitantes acolléndoos como un caldense máis. As súas zonas verdes, culturais e turísticas, fan que a súa estanza sexa o máis proveitosa posible.

Contamos con garaxe privado para os nosos clientes e animámoslles
a probar as nosas especialidades na tradicional comida galega, así como as nosas especialidades culinarias. Conscientes de ofrecer o mellor servizo, coidamos especialmente a nosa carta de restaurante.

E se o que desexa é celebrar un evento privado, como a súa voda, convención ou banquete, o noso amplo salón é a mellor elección para vostede, gozando da nosa ampla zona verde de paseo privada nas nosas instalacións, para así facer máis pracenteiro o día.

 

Restaurante Lotus
Avda. Dolores Mosquera, 16
36650 Caldas de Reis (Pontevedra)
Telf.: 986 540 602 | Aviso Legal

Seccións

Inicio
Hotel
Habitacións
Restaurante e Banquetes

Cafetería
Discoteca
Galería
Contacto

Regreso al contenido | Regreso al menu principal